Que é o coaching?
Para min o coaching, xa non considerada como terapia, é un proceso de acompañamento onde a través dunhas ferramentas utilizadas polo Coach, a persoa mesma, toma decisións propias pode conseguir o seus obxetivos. O coach nunca di o que tes que facer. Trátase dun traballo interno da persoa.
A miña experiencia foi moi transformadora, chegando a replantexarme moitas cousas da miña vida para ser máis feliz.
Quen pode facer coaching?
Sempre, unha persoa formada en coaching e que a formación sexa verdaderamente unha boa formación, xa que traballamos con persoas. No meu caso son Coach individual por ICC: International Coaching Community con número de rexistro 15954.
Cómo fago coaching?
Primeiro teño unha primeira entrevista coa persoa para coñecela que pode ser telefónica xa que non nos extenderemos aquí.
Posteriormente fíxase unha primeira sesión (online ou presencial) que levará aproximadamente unha hora e media de duración, onde se fai o proceso, ou parte do proceso dependendo do obxetivo. Se é preciso se pode facer unha segunda o terceira sesión se fora preciso.
A quen pódese facer coaching?
Pódese facer coaching a calquera persoa que sinta que non avanza na sua vida, quere cambiar algo pero non sabe cómo, case todo o que podemos considerar como un problema, podémoslo “couchear”
Se provaches facer terapia pero sintes que non funciona, convídote a probar.