Son Leticia Falcón directora do Centro Integral de Aprendizaxe e Desenvolvemento Talentia.
O noso lema é: ”As persoas sempre por riba dos procesos”
Teño máis de 20 anos de experiencia por vocación, no campo da aprendizaxe musical, especializada en Estimulación Temperá Musical nos primeiros anos de vida e nenos con NEE ou NEAE a través da música.
Diplomada en Maxisterio Musical pola Universidade de La Laguna, Tenerife, e co Grao Medio de Piano no Conservatorio de Santa Cruz de Tenerife, emprendo unha viaxe a Galicia para un curso de polifonía enmarcado nos Cursos Universitarios Internacionales «Música en Compostela», onde ao final por amor, a vida lévame para quedar por estas terras os últimos 20 anos como veciña de O Milladoiro.
Rematei no Conservatorio de A Coruña o Grao Medio de Canto Lírico e teño multitude de cursos de pedagoxía para ensinanza do piano como cursos de metodoloxías de aprendizaxe de diferentes partes do mundo sobre a aprendizaxe da música.
Dispoño do 2º curso de violín, (ademáis de clases de violín durante varios anos), e 5º curso de Canto Lírico por “A Royal School of Music of London”.
Durante varios anos bailei e competín en bailes latinos e son instructora de Zumba con experiencia tamén en AquaZumba, Aquafitness e Zumba Gold
Son Coach individual (de vida) por ICC: International Coaching Community con número de rexistro 15954.
Tamén dispoño de formación como Terapeuta en Psicoloxía Holística, un Experto en Pedagoxías Alternativas, Formación en Ioga e Mindfulness para nenos, monitora de ocio e tempo libre e curso de Primeiros auxilios.
Impulsora do galego e amante da nosa lingua, compoño sobretodo cancións para nenos en idades temperás. Tamén son colaboradora do programa “Apego” nos Concellos de Ames, Santiago, Teo e A Coruña para potenciar o uso da lingua nestas idades.
Instructora de Pilates Suelo, Aéreo, Barré e Parede pola Federación Galega de Pilates nº 2021/000220 sección 2, Rexistro Central, recoñecida e autorizada pola Xunta de Galicia. Instructora pola Asociación Galega de Pilates e danza 2021/015134, recoñecida e autorizada pola Xunta de Galicia e monitora pola Asociación Española para a formacón de monitores de Pilates nº597598, recoñecida e autorizada polo «Ministerio del Interior»
Máster en Quiromasaje de 1200h certificado por APENB «Asociación Profesional Española de Naturopatía y Bioterapia» cun sobresaliente.
Talentia vai facer un ano onde podo levar a cabo todas aquelas cousas que ben sei benefician tanto aos nenos como aos adultos que forman parte de Talentia, dividida en diferentes seccións: Talentia Music, Talentia Fit, Talentia San, apoio escolar… , porque Talentia é o desenvolvemento do talento en aquelas materias que o alumnado quere aprender cunha formación específica, cun número reducido de alumnos e unha ensinanza de calidade para progresar dun xeito exitoso e para aquelas persoas que queren mellorar a súa saúde a través do deporte, quiromasaxe ou dixitopuntura.